Skip to main content
Sober

Trémola Teatro achega á Biblioteca de Sober un contacontos este venres

Por 1 Xuño, 2023Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal de Sober acolle mañá, venres 2 de xuño, a partir das 17.00 horas un contacontos impartido por Trémola Teatro.

Enmarcado no programa da Xunta ‘Ler conta moito’ esta actividade terá como título ‘E ti, que queres ser de maior?’

Esta sesión de contacontos está protagonizada por Yoli, unha nena que non ve máis que atrancos por parte dos seus compañeiros e compañeiras da clase cando expresa a que lle gustaría adicarse profesionalmente.