Skip to main content
Sober

O campamento de verán para nenos de Sober comezará o 3 de xullo e xa está aberto o prazo de inscrición

Por 1 Xuño, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo para apuntarse ao campamento de verán organizado polo Concello de Sober baixo o nome de ‘Coñece o teu Concello’, no que fomentarase o lecer dunha maneira lúdica e educativa, á vez que promocionase a sociabilización entre os participantes e daranse a coñecer os recursos naturais, culturais e turísticos do municipio.

O campamento, que está destinado a nenos de 4 a 12 anos, inclúe actividades desde o 3 de xullo ao 4 de agosto distribuído en 5 semanas de luns a venres, de 10.30 a 13.30 horas, polo que non haberá actividades os fins de semana. Ademais, estas realizaranse, como norma xeral, no centro sociocultural, nas piscinas municipais e no pavillón do colexio.

As persoas interesadas en dispoñer deste servizo, necesario para que moitas familias poidan conciliar, poderán apuntar aos seus fillos de maneira presencial ou telemática nas dependencias do Concello.

Hai 30 prazas dispoñibles por semana e terán prioridade os nenos empadroados. A lista de admitidos publicarase o 20 de xuño.