Skip to main content
Sober

O Concello de Sober participa por primeira vez no Salón Turístico de Galicia de Silleda

Por 7 Xuño, 2023Sin comentarios

A partir do 8 de xuño e ata o 11 terá lugar no XII Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, no recinto feiral de Silleda; no que vai participar por primeira vez o Concello de Sober cun stand propio.

O Concello de Sober contará cun stand individual (número A.39) onde poder mostrar os seus atractivos, explicar aos asistentes as súas peculiaridades e distribuír material promocional.

A presenza do Concello de Sober nesta feira forma parte das accións que ten emprendido o Goberno local de cara a conseguir que a Feira do Viño de Amandi sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional.