Skip to main content
Sober

Juan Vázquez Pérez foi o gañador do II Concurso de Cantareiros Áurea Palacio de Sober

Por 9 Xuño, 2023Sin comentarios

O II Concurso de Canteiros Áurea Palacio de Sober, que tivo lugar o sábado pasado, foi todo un éxito, segundo os organizadores. Esta edición estivo dedicada á arte románica, estilo no que os concursantes demostraron un extraordinario nivel.

O xurado estivo formado por un representante da empresa organizadora, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a directora da Escola de Cantería e dous escultores de prestixio. O gañador foi o canteiro vigués Juan Vázquez Pérez.

En segundo lugar quedou o tamén vigués Rodrigo García Giráldez, mentres que o terceiro posto foi para Jaime Pelayo Modroño, de Valladolid. Así, o primeiro premio foi de 2.000 euros, un segundo de 1.000 euros e un terceiro de 500 euros.