Skip to main content
Sober

A parroquia de Anllo San Estevo de Sober celebra as súas festas esta fin de semana

Por 9 Xuño, 2023Sin comentarios

Desde hoxe e durante toda a fin de semana celébranse as festas da parroquia de Anllo San Estevo de Sober, na honra a San Antón, que comazarán á noite.

Así, a partir das 21.15 horas terá lugar a pancetada no campo da festa, que virá acompañada da actuación do Dúo Estrelas e rematará a xornada coa tirada de fogos de artificio.

Xa o sábado comezará o día ás 13.30 horas coa misa solemne e a procesión, que dará lugar á sesión vermú a cargo do Dúo Son de Festa. Pola tarde, a Orquestra Salsarena porá o broche de ouro do día, que rematará do Dúo Son de Festa.

Por último, o domingo, 22 de xuño, tamén haberá misa solemne ás 13.30 horas. Despois, terá lugar a procesión, que irá acompañada dun grupo de gaitas.