Skip to main content
Sober

O II Foro Turismo Transfronteirizo celebrarase nas Bodegas Algueira de Sober

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

A Unión de Consumidores de Galicia organiza o II Foro Turismo Transfronteirizo nas Bodegas Algueira de Sober o 15 de xuño, ao que aínda se poden inscribir as persoas interesadas.

Durante esta xornada, analizarase o impacto das vivendas de uso turístico en Galicia e Portugal, a atención ao cliente e a arbitraxe na resolución de litixios.

Ademais, como durará desde as 9.00 horas ata as 20.00 horas, tamén haberá un xantar conxunto, así como inclúe un cruceiro polos Canóns do Sil, no que as persoas participantes poderán desfrutar dunha cata de viños.

As persoas que se inscriban, participarán directamente dun sorteo para conseguir unha estancia con almorzo para dúas persoas na noite previa ao evento no Hotel Palacio de Sober.