Skip to main content
Sober

A parroquia da Barca de Sober celebra as súas festas na honra a Santa Isabel este sábado

Por 29 Xuño, 2023Sin comentarios

Este sábado, a parroquia da Barca de Sober celebra as súas festas na honra a Santa Isabel, acollendo así diversas actividades para veciños, veciñas e visitantes aos que lles interese esta festa parroquial.

Así, a xornada comezará ás 13.00 horas coa misa solemne e a procesión, acompañada por un grupo de gaitas tradicional para o deleite dos asistentes, amenizando así a primeira parte do día.

Xa ao mediodía, terá lugar unha comida popular e conxunta na que haberá polbo e churrasco para todos os veciños, que compartirán o seu tempo con outras persoas do pobo.

Pola tarde será a quenda da festa e verbena a partir das 18.00 horas, que estará acompañada da charanga Nova Terra de Trives e o Trío Café Olé.

Esta festa, ademais de contar co apoio do Concello de Sober, tamén conta coa colación da Deputación de Lugo.