Skip to main content
Taboada

Este sábado terá lugar unha recollida de lixo en distintos puntos do municipio de Taboada

Por 2 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural O Carballo de Taboada organiza este sábado unha recollida de lixo en dous puntos no Camiño da Ribeira do Miño en Sobrecedo, na zona das ribeiras.

As persoas interesadas en participar desta actividade sostible, poderán facelo achegándose mañá sábado, 3 de xuño, ao Bar Paraíso Terrenal – San Roque ás 10.30 horas para axudar a recoller todo o lixo posible.

Esta actividade, encadrado no Proxecto ‘Libera’ anima á recollida de lixo en distintos puntos sinalados co obxectivo de que cada participante libere 1 metro cadrado de lixo para concienciar sobre a protección do medio ambiente.