Skip to main content
Taboada

Os Rechouchíos animarán a festa de San Xoán de Taboada

Por 22 Xuño, 2023Xuño 23rd, 2023Sin comentarios

Taboada tamén celebrará a súa noite de San Xoán, da noite do 23 ao 24 de xuño de 2023 no campo da Feira a partir das 21.30 horas.

O evento comezará coa cea popular, que incluirá sardiñas, panceta, sobremesa e café para as persoas asistentes, que pagarán un prezo popular pola comida e pola bebida.

Xa ás 23.30 horas, farase o conxuro da queimada para que ás 00.00 horas do 24, se acenda a fogueira grande de San Xoán, animada polo grupo A.C. Os Rechouchíos.