Skip to main content
O Incio

Preséntase o cartel oficial do Festival Terra Brava do Incio

Por 13 Xuño, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

Os organizadores do Festival Terra Brava do Incio xa presentaron o cartel coas actuacións musicais que terán lugar os vindeiros 25 e 26 de agosto no municipio da comarca sarriá.

Así, os grupos participantes desta edición serán: Louband, Xerezade, Fillas de Cassandra, Dakidarria, Tandub e DJ Elías Viera, grupos galegos que porán en valor o traballo de grupos galegos por facerse oír nun contexto no que cada vez se aposta máis pola creación musical propia.

Ademais das actuacións musicais, o día 25, venres, organizarase un obradoiro para nenos na praza do Incio e o día 26, sábado, haberá unha sesión vermú e un xantar popular, que virá acompañado de actividades para nenos.

Os organizadores do Terra Brava contan este ano coa colaboración do Concello do Incio, da Deputación de Lugo, da Asociación As Xeitosas e da Xunta de Galicia.