Skip to main content
O Incio

O local A Casilla, da parroquia de Trascastro no Incio, acollerá o evento de San Xoán

Por 20 Xuño, 2023Xaneiro 10th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 23 de xuño O Incio celebra a súa noite de San Xoán na parroquia de Trascastro, en concreto na Casilla, o local social, onde os veciños reuniranse ao redor do lume para desfrutar dunha noite máxica.

Así, haberá cea para todas as persoas que se acheguen, que poderán degustar mexillóns, panceta, sardiñas e viño.

Ademais da comida, os asistentes poderán bailar ao redor do lume grazas á música que acompañará a festa.