Skip to main content
O Incio

As festas na honra a San Román do Incio comezan este venres

Por 28 Xuño, 2023Sin comentarios

O Incio celebra as súas festas na honra a San Román este venres, 30 de xuño, e o sábado, 1 de xullo, días nos cales os veciños e veciñas da parroquia poderán desfrutar de diferentes actividades.

O venres, habéra unha touciñada popular, así como unha queimada e verbena amenizada polo Dúo Explosión.

Mentres, o sábado, a xornada comezará ás 13.00 horas coa misa solemne e a sesión vermú, amenizada polo Dúo Elixir. Ademais, pola tarde noite terá lugar a festa e verbena a cargo do Dúo Elixir de novo.