Skip to main content
Láncara

O Muvicla recibiu un premio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Centro

Por 6 Xuño, 2023Sin comentarios

O Museo Vivo de Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria de Láncara vén de recibir o premio “Desarrollo Agrícola, Ganadero y Turístico Rural” do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrícolas de Centro.

Durane a súa convocatoria internacional de premios de San Cidre, entregaron o premio aos promotores do MUVICLA na Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas da Universidade Politécnica de Madrid.

Así, neste encontro, compartiron o premio con personalidades do mundo da alimentación, agronomía e prensa con recoñecido prestixio a nivel internacional.

Desde o Museo quixeron agradecer ao tribunal “por elixirnos, á máxima autoridade de Galicia en Madrid, D. Juan Carlos Serrano, delegado da Xunta de Galicia en Madrid, e director da Casa de Galicia, que nos acompañou ao longo de todo o evento, e nos recibiu nas instalacións da casa de Galicia para felicitarnos”, sostiveron.