Skip to main content
Láncara

A antiga escola de Láncara acolle a representación da obra ‘Os vellos non deben namorarse’ de Saturno Company

Por 19 Xuño, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

O alumnado do CPI Ramón Piñeiro de Láncara protagoniza esta tarde ás 17.30 horas unha obra de teatro na antiga escola de Láncara.

Esta actuación, organizada pola Asociacción Cultural Val de Láncara, será representada por Saturio Company, o nome que recibe o grupo de teatro dos nenos e nenas do colexio de Láncara.

Así, a obra será a de ‘Os vellos non deben namorarse’, obra escrita por Castelao en 1941 e que trata de varias historias nas que uns vellos namorados saen mal parados das súas relacións amorosas.