Skip to main content
Láncara

La Disquetera amenizará unha sesión vermú organizada pola Asociación Val de Láncara

Por 29 Xuño, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza para o domingo, 2 de xullo, unha sesión vermú amenizada “polo mellor grupo de versións de Galicia”, segundo defenden.

Refírense ao grupo La Disquetera, que dará un repaso dos grandes éxitos da música española e internacional nun concerto de dúas horas,nas que sonarán dende cancións de Sabina ata Siniestro Total, pasando pola Carolina de MCLAN.

As persoas interesadas en participar desta actividade poderán facelo de maneira gratuíta achegándose á Carballeira da muiñeira de Láncara a partir das 13.00 horas do mediodía deste domingo.