Skip to main content
Paradela

Os nenos e nenas de Paradela poderán desfrutar do Campamento de Verán ‘Bo camiño’

Por 22 Xuño, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela organiza o seu Campamento de Verán 2023 ‘Bo camiño’ para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos empadroados no Concello e que cursen estudos en calquera Centro de Educación Infantil e Primaria da vila.

Tamén poderán participar nenos e nenas que estean empadroados noutros concellos pero que teñan vinculación familiar con persoas empadroadas no Concello de Paradela.

Esta iniciativa ten por obxectivo axudar á conciliación da vida laboral, social e familiar cun servizo de acompañamento de proximidade, gratuíto e localizado nunha contorna familiar e habitual para os nenos e nenas do municipio.

Este campamento terá lugar desde o 3 ao 28 de xullo en horario de 10.00 a 13.30 horas no polideportivo do colexio San Miguel de Paradela, aínda que dependendo das condicións climatolóxicas programaranse actividades noutras localizacións do Concello, como a piscina, e haberá visitas á contorna de Paradela.

Para máis información e formalizar a preinscrición, que rematará o 30 de xuño, poderase acudir ás oficinas xerais ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Paradela.