Skip to main content
Sarria

A Asociación Peleriños organiza unha mostra de fin de curso na rúa o vindeiro domingo

Por 3 Xuño, 2023Xuño 4th, 2023Sin comentarios

O vindeiro domingo, día 11 de xuño, a Asociación Peleiriños celebra a mostra de fin de curso das aulas de música e baile infantil de Peleriños deste curso 2022-2023.

Así, ás 12.00 horas terá lugar o pasarrúas en forma dun pequeno desfile dende o antigo cárcere da Rúa Maior ata a Praza da Vila onde será a actuación ás 12.30 horas. Esta iniciativa é unha mostra aberta a toda a cidadanía.

Este evento, que se leva celebrando dende o ano 2015, ten o fin de mostrar o aprendido nas aulas que se imparten de outubro a xuño no que, este ano, se matricularon ao redor de 50 nenos e nenas de entre 4 e 15 anos.

Por isto, desde Peleiriños tamén anuncian que abren as inscricións para as aulas do vindeiro curso, podendo contactarnos con eles a través das redes sociais ou no número 693 299 292.