Skip to main content
Sarria

Os nenos e nenas de Sarria poderán desfrutar dun campamento de verán desde finais de xuño a setembro

Por 4 Xuño, 2023Sin comentarios

O Centro Educativo e de Necesidades Educativas Especiais Creados abriu as inscricións para o seu campus de verán para nenos a partir de 3 anos.

Este terá lugar desde o vindeiro 26 de xuño ao 7 de setembro desde as 10.00 ata as 14.00 horas, aínda que tamén contarán cun servizo de madrugadores a maiores para os que o soliciten a partir das 09.00 horas.

Así, os grupos serán reducidos e diferenciados, elaborándose dous grupos en horario de mañá e as prazas son limitadas, polo que desde Creados animan a ir reservando praza no número de teléfono 626 218 628.

As actividades do programa do campamento de verán levaranse a cabo no xardín do centro cando as condicións climáticas o permitan da man dos distintos profesionais que colaborarán este verán, entre os que se atopan especialistas en inglés e en lingua de signos.

Con respecto á programación, esta basearase nunha temática semanal, levándose a cabo obradoiros e manualidades e xogos de auga, xincanas e algunhas visitas sorpresa.