Skip to main content
Sarria

A V edición do Verbena Fest de Sarria xa ten data de celebración e artistas confirmados

Por 9 Xuño, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Os organizadores do Verbena Fest de Sarria xa están preparando a V edición que terá lugar este verán, os días 4 e 5 de agosto e que trae varias novidades e xa avanzaron dous grupos que actuarán nesta edición.

O primeiro é Malenne, o grupo monfortino que se fundou no 2020 e que canta versións indie e pop rock español nos seus concertos.

Pola súa banda, o segundo grupo que actuará a primeira fin de semana de agosto será Duín, un grupo folk da Costa da Morte que emprega a lingua galega para facer un percorrido por terras indoeuropeas e mareas irlandeses.

Ademais destas novidades, este ano contarán cun novo escenario, a ‘carballeira do Meigallo’, que acollerá as actuacións de balde durante o día do sábado, e durante todo o festival haberá postos de gastronomía local, mercados artesanais, mercados solidarios e actividades para os cativos.