Skip to main content
Sarria

Un novo obradoiro sobre lectura e para familias terá lugar en Sarria esta tarde

Por 9 Xuño, 2023Sin comentarios

Esta tarde, a partir das 16.30 horas, a biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acollerá un obradoiro práctico pensado para “provocar a conversa lectora en torno a un feixe de bos libros”, explican desde o centro educativo.

O detonante de toda esta conversa é unha proposta por situar a todos os participantes (pais, nais, fillos e fillas) nun escenario cercano ao dos mundos distópicos que adoitan protagonizar na actualidade tantas novelas e series de televisión que triunfan entre a adolescencia.

Así, as persoas participantes traballarán en grupo para rescatar libros e analizar que nos aportan moitas destas obras e durante a actividade debaterase sobre a labor do acompañamento lector na adolescencia.