Skip to main content
Sarria

Dúas sesións vermú amenizadas con música serán outras actividades do San Xoán de Sarria

Por 13 Xuño, 2023Xuño 14th, 2023Sin comentarios

A Sociedade Cultural La Unión prepara diversas actividades para os seus socios e público en xeral durante as Festas de San Xoán de Sarria.

Así, o 24 de xuño, a partir das 13.00 horas, na Unión poderase desfrutar dunha sesión vermú acompañada das actuacións de Meigas e Trasgos e a banda Egs Ars Nova, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

O domingo, 25 de xuño, tamén haberá unha sesión vermú a partir das 13.00 horas na Unión, pero neste caso amenizada coa actuación de Carmen Álvarez, Mala Pécora. Pola noite, terá lugar a cea de gala, á que só poderán asistir socios e con reserva previa, e na que actuará o grupo Kalima.