Skip to main content
Sarria

O presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sarria foi recoñecido como socio de honra

Por 14 Xuño, 2023Xuño 15th, 2023Sin comentarios

Jorge López, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Sarria, recibiu a consideración de socio de honra polo seu labor no Camiño Francés e cos peregrinos por parte do Círculo Chileno de Amigos del Camino de Santiago.

O presidente do colectivo americano, Francisco Javier de Almozara, foi quen de entregarlle a distinción nun acto celebrado no Concello de Sarria.

Pola súa parte, Jorge López entregoulle a De Almozara un diploma pola “amizade” entre as dúas entidades e explicou que o labor da entidade que encabeza é facilitar información e dar “apoio ao peregrino” no que necesitan.