Skip to main content
Sarria

Hard Trip volve ao Buril de Sarria este sábado

Por 16 Xuño, 2023Sin comentarios

Este sábado, 17 de xuño, o Buril acolle o concerto de Hard Trip a partir das 22.30 horas da noite, ao que poderán acceder todos aqueles que merquen a entrada de 8 euros.

Esta banda stoner de orixe viguesa comezou a súa andaina en 2019 pero cunha traxectoria musical anterior que lles fixo dar o paso a formar o grupo e percorrer Galicia coa súa música. Agora, volverán ao Buril a deleitar ao público coas súas creacións artísticas.

Desde o Buril descríbenos como “tres ácratas desmotivados pola homoxeneidade do pensamento único xúntanse para crear unha linguaxe musical propia”.

E explican que “xurdiron da desesperación e ostracismo do deserto impersonal da sociedade tecnofeudal da primeira metade do século XXI” e que “naceron do inconformismo e fartazgo de modas e estilos musicais”.