Skip to main content
Sarria

O Frei Luís de Granada celebra a súa primeira festa de fin de curso de tarde este venres

Por 15 Xuño, 2023Sin comentarios

A Anpa do centro educativo Frei Luís de Granada celebra, por primeira vez, unha festa de fin de curso de tarde conxuntamente co equipo docente e as familias este venres, 16 de xuño, a partir das 19.00 horas, na que van participar arredor de 255 persoas.

A xornada comezará co festival de zumba e haberá diferentes actividades para os nenos e nenas e para as súas familias, haberá inchables, exhibicións, atraccións e sorteo de agasallos.

Ademais, haberá unha merenda e cena comunitaria amenizada con música a partir das 21.15 horas na que terá lugar o sorteo, doados polo Concello de Sarria.