Skip to main content
Sarria

O profesorado do IES Xograr de Sarria fai unha valoración da súa participación no programa ‘Observa Acción’

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria vén de presentar a memoria do programa do programa de innovación educativa ‘Observa Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais’,

Esta II fase, na que foron elixidos xunto con outros 35 centros educativos, levaba o nome de ‘Acolle’ e tivo un funcionamento intracentros, é dicir, o centro sarriao recibiu ao profesorado do IES Carlos Casares de Viana do Bolo nos últimos días de maio e posteriormente cinco profesores do Xograr visitaron ao centro homólogo ourensán para observar a súa práctica profesional e implicarse nun diálogo que contribiu á mellora das súas capacidades.

Nesta fase traballouse de forma coordinada entre os dous centros educativos, intercambiando experiencias e observando a práctica docente durante dous días, un dos días coma mentor e outro día coma observador.

Ao longo do mes de xuño traballouse online e creáronse distintas vías de colaboración futura en proxectos comúns dos dous centros: Club de Ciencia, Clubs de lectura, Polos Creativos, Plans de mellora de Biblioteca escolar, iniciativas de inclusión e promoción da saúde e da sostibilidade, mediación e radio escolar.

Beneficios deste proxecto

Este intercambio, segundo explican desde o centro sarriao, “permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa, tamén se facilita aos docentes a posibilidade de crear novas vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros”.

Así mesmo, din que favorece o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos.

A memoria conxunta desta fase acaba de presentarse á comunidade educativa e os centros seleccionados para pasar á seguintre fase, ‘Conecta’, desenvolverán un traballo de colaboración estatal, entre diferentes comunidades autónomas.