Skip to main content
Sarria

Dimonis de la Plana serán os primeiros en amenizar o día nas festas do San Xoán de Sarria

Por 24 Xuño, 2023Xuño 25th, 2023Sin comentarios

Continúan as grandes Festas do San Xoán de Sarria con actividades que comezan xa ás 10.30 horas, co pasarrúas pola vila de Sarria da man de Dimonis de La Plana.

Pola súa parte, ás 11.25 horas haberá un repenique de campás na igrexa de Santa Mariña e ás 11.30 horas terá lugar a recepción de autoridades na Casa do Concello.

Ás 12.00 horas celebrarase a misa maior na igrexa Santa Mariña, que contará coa participación da Coral Polifónica do Concello de Sarria e, tras estas, haberá unha procesión.

Despois, ás 13.00 horas, será a quenda da Banda Municipal de Sarria, que dará un concerto na praza de Xoán María López, que dará paso á sesión vermú na Sociedade Recreativa La Unión coa actuación da Asociación Meigas e Trasgos e a banda Ars Nova.

Con respecto á tarde, nesta terá lugar o pasarrúas a cargo da Asociación Meigas e Trasgos e a agrupación Louband, da Asociación Rúa da Música.

Xa pola noite, a partir das 22.00 horas, as persoas asistentes poderán desfrutar da verbena coa orquestra New York no campo de rugby do Chanto e ás 00.00 horas haberá fogos de artificio, que darán paso á orquestra Marbella, no mesmo lugar que a anterior.