Skip to main content
Sarria

A Panorama actuará esta noite nas festas do San Xoán de Sarria

Por 26 Xuño, 2023Xuño 27th, 2023Sin comentarios

As atraccións do San Xoán de Sarria silenciaranse durante dúas horas para as persoas ás que lles moleste o ruído

As grandes festas do San Xoán de Sarria non dan tregua aos veciños da vila e proseguen durante a xornada de hoxe con varias novidades, entre as que se atopa a actuación da orquestra Panorama.

Este mediodía, para comezar, a Batucada Cadabatú protagonizará un pasarrúas ata a hora da comida e pola tarde será a Asociación Peleriños quen levará o peso do pasarrúas. Antes, durante e despois, os nenos e nenas que se acheguen ao anexo da rúa Castelao poderán seguir desfrutando das atraccións.

Como novidade, entre as 18.00 e as 20.00 horas da tarde desde hoxe e ata o mércores, silenciaranse as atraccións para converter estas festas de San Xoán nas máis inclusivas, tal e como pediu a semana pasada o portavoz do BNG en Sarria, Efrén Castro.

O representante nacionalista da vila pedía unha hora de silencio diario co obxectivo de que as persoas con trastorno do espectro autistaalteracións neurosensoriais e diversidade funcional, así como calquera persoa á que lle causen molestias os sons estridentes, puidese desfrutar das festas igualmente; pero ao final decidiuse que sería dúas horas estes últimos días de festa.

As últimas actividades deste día serán as actuacións das orquestras Panamá, ás 22.00 horas, e Panorama ás 00.00 horas; ámbalas dúas no campo de rugby do Chanto, dúas citas que se espera agrupen a moita xente.