Skip to main content
Sarria

Abren as piscinas exteriores de Sarria cunha xornada de portas abertas

Por 27 Xuño, 2023Sin comentarios

As piscinas exteriores de Sarria abrirán hoxe as súas portas a partir das 12.00 horas, xornada que será de portas abertas para todas as persoas interesadas en desfrutar dun día solleiro na piscina e de forma gratuíta.

Así, dá por comezada a tempada de verán na vila sarriá e as persoas que non coñezan as piscinas, hoxe poderán achegarse para decidir se facerse o carné necesario para seguir acudindo a elas durante todos os días que queira durante os meses de xullo e agosto.

Para poder inscribirse, é necesario ir ata a recepción do Centro Deportivo e de Saúde Sarria co Libro de Familia e o carné antigo ou unha foto de carné e xa estaría feito o proceso para poder pasar o día, ata as 21.00 horas, na piscina, así como acceder aos diferentes cursos programados de natación.