Skip to main content
Sarria

The Tensions actuará este sábado no Buril de Sarria

Por 29 Xuño, 2023Xuño 30th, 2023Sin comentarios

O Buril de Sarria acolle o concerto de The Tensions este sábado, 1 de xullo, a partir das 20.30 horas, cando se abrirán as portas do local para dar paso ás persoas interesadas en desfrutar deste evento musical.

Este grupo, que está de xira agora mesmo por España co seu novo disco, está formado por tres artistas dende principios do ano 2022 en Mont-de-Marsan (Francia) que fan un punk-rock enérxico, variado, aproveitando a autenticidade dos 70’s ata os alumeantes 90’s, mesturando o surf-punk, o garaxe e o power-pop.

As persoas interesadas en participar desta iniciativa, terán que pagar unha entrada de 5 euros, que irán destinados a apoiar a banda e, dende o Buril, indican que ofrecerán aos asistentes uns pinchos.