Skip to main content
Triacastela

A Furgoteca volverá a Triacastela para percorrer diferentes parroquias cos seus libros

Por 10 Xuño, 2023Xuño 12th, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 16 e 28 de xuño o servizo da Furgoteca volverá a Triacastela para traer libros a nenos e adultos do municipio da comarca sarriá.

Así, o venres 16 de xuño comezará o seu percorrido ás 11.00 horas pola parroquia de Toldaos durante media hora, para achegarse ás 11.40 horas a Santalla de Alfoz.

Despois, a partir das 13.20 horas, Paula, responsable de Furgoteca, irá ata a parroquia de Viduedo e, despois, achegarase ata Lamas de Viduedo. Por último no día 16, a Furgoteca rematará na Praza do Concello de Triacastela, de 14.25 a 15.25 horas.

Pola súa parte, o día 28 de xuño a Furgoteca estará na Praza do Concello en dous momentos, de 11.00 a 11.30 horas e de 12.30 a 15.00 horas, polo que as persoas interesadas en achegarse poderán facelo en diferentes momentos.