Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Guitiriz: Municipais 28M, o día despois

Por 11 Xuño, 2023Sin comentarios

Por Xesús Anxo Barreiro Núñez
Presidente da Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga

Pasada a xornada electoral do 28-M e con datos definitivos no noso Concello, logo de un erro na cumplimentación da acta en unha mesa electoral (atribuia os votos obtidos polo PSOE o BNG e os de BNG o PSOE) influindo no escrutinio, e, por tanto, no resultado electoral definitivo a nivel Guitiriz, pero tamen nos escrutinios globais galegos e estatales (NON na composición da Deputación Provincial pois as duas actas do noso Partido Xudicial de Vilalba repartense entre PP e PSOE).

Unha vez feita esa corrección na páxina web de resultados electorais do Ministerio do Interior subsanados pola Xunta Electoral na proclamación dos/as Concelleiros electas para que vindeiro sábado 17 de xuño en cumplimento do artígo 195.1 da Ley Orgánica de Régimen Electoral General (LOREG) se constituan as Corporacións e segundo o artigo 196 da mesma LOREG se proceda a elección de Alcaldesa/Alcalde.

Queda por tanto a conformación da Corporación por 7 Concelleiros/as do PSOE con 1.686 votos e 51´57%. Seguido de PP con 4 Concelleiros/as sumando 954 votos e 29´18%. E por último o BNG con 2 Concelleiros/as sumando 629 votos e 19,24%.

A primeira conclusión que obtemos de forma sinxela e que o PSOE con Marisol Morandeira o frente, revalida a maioria absoluta por ela obtida en 2019 cando tamen obtivo 7 Concelleiros/as con 1559 votos que representaban o 45´61% dos sufraxios emitidos (+127 votos).

Unha segunda conclusión son os malos resultados do PP pois por primeira vez baixa en unhas eleccións municipais en Guitiriz da barreira dos 1.000 votos, obtendo exactamente 954 votos que lle asignan, como xa dixen, 4 Concelleiros/as, que veñen a ser os mesmos que dito partido acadou en 2007 (1.041 votos), e 2015 (1.014 votos) perdendo con respecto as pasadas eleccións de 2019 (1.250 votos) a cantidade de 296 votos, tendo en conta que en esas eleccións de 2019 concurría unha cuarta candidatura, Coalición Galega, que con 144 votos quedo usen representación o non acadar o mínimo do 5% fixado pola Lei D´hont que rixe o noso sistema de votación e representación, ainda que estivo perto pois a porcentaxe de voto foi do 4´21%.. Por suposto, todo esto, moi lonxe dos 8 Concelleiros/as acadados por dito partido en 1991 e 1999 onde superou ampliamente a barreira dos 2.000 votos con un 58´33% e un 60´25%.

En terceiro lugar e por último en canto as tres candidaturas que concurrían temos os resultados do BNG, que obten 2 Concelleiros/as, incrementando en 1 Concelleiro a representación que tiña na Corporación, con 629 fronte os 424 votos obtidos nas eleccións de 2019, (+205) sen acadar o obxectivo de superar os 700 votos que lle darían un terceiro Concelleiro a vez que impediría a maioria absoluta do PSOE. Lonxe queda tamen o mellor resultado do BNG cando nas eleccións de 1999 obtivo 3 Concelleiros con 886 votos e o 22´68%. superando o PSOE que obtivera 2 Concelleiros con 742 votos e o 18´99%

Outro factor a destacar, por se alguen saca alguna posible conclusión, é a composición das distintas candidaturas, pois se no PSOE con Marisol Morandeira de novo o frente, fixo unha lista de continuidade con pequenos cambios. No PP conformouse unha lista totalmente renovada encabezada por José Manuel López, na súa primeira incursión en política. E no BNG por unha lista intermedia con ex-Concelleiros, novas caras de persoas e novas en edade e na eido político, con un cadro sindical; Mónica Roca, como candidata a Alcaldía.

Unha vez feita a proclamación da Xunta Electoral dos datos definitivos tras a corrección da acta errónea de unha mesa, estes datos poden servir para que cada un/unha de nos teñamos a foto exacta de cómo foi a xornada de votación do 28M no noso Concello de Guitiriz.

Unha cuestión mais, que quería deixar sobre a mesa para que cada quen faga a sua analise con respecto os resultados municipais, en este caso xa non vistos dende a simple perspectiva local, se non, a nivel galego e estatal, que, se desprende das seguintes cifras publicadas na páxina web do Ministerio do Interior sobre datos do 28M:

Datos España 28M:
PP …………………… 7.054.887 votos ……………23.412 Concelleiros/as (+3.048)
PSOE ……………… .6.291.912 votos ……………20.785 Concelleiros/as (-1.557)

Datos Galicia 28M:
PP ………………….. …554.112 votos ………………… 1.765 Concelleiros/as (+133)
PSOE …………………..420.437 votos ………………….1.010 Concelleiros/as (-171)
BNG ………………….. 248.576 votos ………………… 589 Concelleiros/as. (+133)

Como decía son notorios estos datos, pois, extrapolables a unhas eleccións autonómicas galegas (serán por lexislatura en 2024) e ainda admitindo que a extrapolación é irreal si nos deixa ver que o PP non obteria maioria no goberno autonómico da Xunta de Galicia, polo que BNG e PSOE, estarían, en disposición de abrir un novo ciclo logo das maiorias absolutas do PP dende 2009, tal e como os/as seus lideres incidiron nos distintos mitins de esta campaña de eleccións municipais.

De igual xeito acontece a nivel estatal, ampliando o espectro do cadro aquí exposto, a suma do actual Goberno mais os partidos do bloque que o apoian nas Cortes, superaría o principal partido da oposición e os seus posibles socios, non chegando a suma con estes resultados os 175 escaños no Congreso (metade do total de 350 Deputados) de cara a formar un novo Goberno con Alberto Núñez Feijoo como Presidente.

Quizá este, poida ser o dato, que o actual Presidente do Goberno español Pedro Sanchez tomase en consideración (xunto con outros) para disolver as Cortes e convocar Eleccións Xerais anticipadas o vindeiro 23 de xullo, e que o mesmo argumento sirva para que o Presidente galego Alfonso Rueda agote a actual lexislatura autonómica ate o seu remate o vindeiro ano 2024.