Skip to main content
AbadínGuitiriz

Cinco vilas de Abadín e Guitiriz celebran festas na honra a San Pedro

Por 29 Xuño, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

Tres localidades de Abadín e dúas de Guitiriz están de festa esta fin de semana na honra a San Pedro. Estas arrancarán en Pígara o vernes 30 cunha degustación gratuíta de liscos, chourzos e pan a partir das 22.00 horas. Esta sesión estará amenizada polo dúo Venus.

O sábado serán a orquestra M3 Show e o grupo Jaque os que se ocupen da verbena, facendo o primeiro tamén a sesión vermú. Antes, sobre as 13.45 horas, haberá misa solemne e procesión.

O domingo tamén haberá sesión relixiosa á mesma hora e as festas rematarán coa sesión vermú do dúo Eclipse.

No Buriz, as festas serán sábado e domingo. O primeiro día comezarán con misa solemne e procesión ás 13.30 horas para seguir coa vermú a cargo de Eureka. Pola noite regresa este mesmo grupo xunto á orquestra Furia Joven, de Canarias.

O domingo tamén haberá sesión relixiosa e rematarán coa sesión vermú con Máster.

ABADÍN

En Labrada as festas arrancarán coa misa ás 13.00 horas con procesión e sesión vermú coa orquestra Dinastía, quen fará tamén a verbena con La Rosa. O domingo fará este último grupo tamén a sesión vermú de fin de festa. Tamén nesta segunda xornada haberá misa ás 13.00 con procesión.

En Aldixe será o grupo Primera Línea, en dobre sesión, e o trío Blanca Doble, os que se encarguen da cuestión musical na xornada do sábado. Tamén haberá misa ás 13.30 horas, que se repetirá o domingo, día no que a procesión contará coa participación de Cerna de Árbol. A continuación o trío Merengue porá punto e final a unhas festas que se farán baixo carpa.

En Corvite o grupo Aplauso encargarase tanto da sesión vermú como da verbena do sábado e Primera Línea porá o punto e final ao mediodía do domingo. Os dous días haberá misa ás 13.00 horas con procesión.