Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Hoxe dan comezo as festas na localidade de Prevesos

Por 10 Xuño, 2023Sin comentarios

A localidade de Prevesos, en Castro de Rei, celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Esteban. Estas darán comezo hoxe, sábado, ás 13.30 horas, coa misa solemne, que estará seguida da sesión vermú coa orquestra Pontevedra.

Á noite haberá verbena, tamén coa orquestra Pontevedra, xunto á que estará o grupo D’Nika.

O domingo continuarán as celebracións ao mediodía co sesión vermú do grupo Fénix, despois da misa, que terá o seu comezo ás 13.30 horas.