Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A festa dos nenos en Castro de Rei será este domingo

Por 17 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei celebra este domingo, 18 de xuñom a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro de Rei e na que os máis cativos e os rapaces poderán desfrutar, como xa é tradicional nesta celebración, de xogos e outras actividades.

O horario da festa será dende as 16:00 h ata as 19:00 h na carballeira ou, se o tempo non o permite, no pavillón do CEIP Ramón Falcón.

Están previstas actividades de inchables, maquillaxe, globoflexia e tiro con arco, todas elas de balde e sen inscrición previa.