Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

San Xoán de Ribeira de Lea e Santa Leocadia, en Castro de Rei, están de festa

Por 21 Xuño, 2023Sin comentarios

As localidades de San Xoán de Ribeira de Lea e de Santa Leocadia, en Castro de Rei, estarán de festa esta fin de semana para celebrar o San Xoán.

Na primeira as festas arrancarán o sábado cunha misa solemne e a actuación da orquestra Escaparate en sesión vermú e verbena. Nesta última tamén contarán coa actuación musical dos Festicultores Troupe.

O domingo continuará a festa só ata mediodía. Despois da misa solemne haberá sesión vermú cos Valuros. Ademais, o 15 de xullo está prevista a tradicional comida veciñal, que estará amenizada pola charanga Louband.

En Santa Leocadia as festa serán na honra a San Pedro comezando o sábado coa misa tradicional e a actuación do grupo Paréntesis, que tamén actuará na verbena xunto a Beatriz.

O domingo tamén haberá misa ás 13.30 horas e a procesión contará coa participación da Banda de Gaitas Asubíos da Chaira. Despois, a sesión vermú e a verbena estarán a cargo da orquestra Favorita.