Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O gandeiro de Castro de Rei Manuel Sandamil, elixido presidente de Conafe

Por 22 Xuño, 2023Sin comentarios

A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) celebrou onte a súa Asemblea Xeral na súa sede social de Madrid, durante a que se formalizou a renovación da súa Xunta de Goberno para un período de catro anos e pola que Manuel Sandamil (Fefriga) asumiu o cargo como novo presidente en substitución de Germán de la Vega (AFCA).

Manuel Sandamil, propietario da gandería SAT A Vereda, en Castro de Rei), estará acompañado por José Emilio García Suarez (Ascolaf), que seguirá sendo vicepresidente da Confederación; José Antonio Hernández Martín (Fefricale), que continúa como tesoureiro, e José María Miguel Porras (Africama), como interventor. Súmase como secretario Ángel García Hernández (Afridema), en substitución do propio Sandamil que ostentaba este cargo na anterior Xunta.

A nova Xunta de Goberno complétase cos vogais: Antonio García Ruiz (AFA), Jaime Olascoaga Enseñat (AFB), Germán de la Vega Delgado (AFCA), Andrés Planillo Torres (AFNA), Carlos Manuel Sánchez García (Afriara), Jon Joseba Agirre Galdón (Efrife), Toni García (Fefric), e a directora xerente, Sofía Alday Martínez de Cestafe.