Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXAPedrafita

O Museo de Viladonga convoca no Cebreiro o II Encontro de Cestería no Camiño

Por 24 Xuño, 2023Sin comentarios

Xa está todo a punto para o segundo encontro de cestería que se desenvolverá nas Pallozas do Cebreiro organizado polo Museo do Castro de Viladonga e o propio Conxunto Etnográfico das pallozas. Este ano, como novidade, levarase a cabo en dous días: o sábado día 1 será a demostración, que terá un horario de 11.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

O domingo será vez da mesa de debate que este ano estará dirixida por Catalina Piris Obrador, da Asociación Art de la Pauma (Mallorca), asociación encargada da recuperación edifusión do traballo con palma. Tamén estarán Elena Fabeiro Castro, xerente de Artesanía de Galicia; Carlos Fontales Ortiz, cesteiro e docente de cestería, e Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga da USC.

NO encontro internacional participarán este ano un total de 17 artistas. Da provincia de Lugo estarán Lola Tourón Río, de Carqueixeda; José Luis Castro Gómez, de Lobeira, e Idoia Cuesta, de Outeior de Rei. Súmanse dous artistas polcaos, dous portugueses, un de Mallorca e outro de Segovia. O resto son das outras tres provincias galegas.