Skip to main content
Cospeito

Muimenta acollerá un festival infantil solidario organizado por seis anpas da contorna

Por 12 Xuño, 2023Sin comentarios

As anpas dos colexios de Muimenta, Castro de Rei, Feira do Monte, Meira, Pastoriza e Bretoña únense para celebrar un festival infantil co obxectivo de recadar fondos para a loita contra o cancro.

Este terá lugar o día 17 de xuño a partir das 11.00 horas no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta.

O programa do día arrancará coas actuacións musicais e de danza dos nenos e nenas das anpas colaboradoras. Tamén pola mañá será o sorteo de produtos ondeo o recadado irá destinado á Asociación Española contra o Cancro.

A orquestra Acapa Show colabora con este evento e será a encargada da sesión vermú e de amenizar o xantar, que consistirá en empatada, churrasco, criollos, polo, pan, bebidas e sobremesa. Terá un prezo de 12 euros para adultos e de 8 para nenos de 3 a 12 anos.

Na sesión de tarde continuará a festa con 3 colchóns inchables, a Varredora e o Humor Amrillo. Tamén haberá Festa da escuma e unha merenda.

O prezo da entrada para os non socios é de 5 euros.