Skip to main content
Cospeito

Muimenta acollerá en xullo unha xornada da Escola Nacional de Xuíces Gandeiros

Por 7 Xuño, 2023Sin comentarios

Muimenta acollerá este mes de xullo unha xornada da LX Escola Nacional de Xuíces Gandeiros 2023, actividade organizada pola Confederación Nacional de Raza Frisona – Conafe e pola Federación Galega de Raza Frisoa – Fefrig, que se celebrará en Galicia, os vindeiros 19, 20 e 21 do próximo mes.

A comisión organizadora da XXXIX edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, e Africor Lugo, así como o Concello de Cospeito, colaborarán con esta escola de xuíces na xornada que se celebrará en Muimenta, que será o vindeiro xoves, 20 de xullo no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Ao longo de toda a xornada, tanto de maña como de tarde, a sesión contará con entre trinta e cinco e corenta cabezas de gando nas naves do recinto feiral, para que os previsibles oitenta participantes, procedentes de toda España, evalúen dito gando.

O mesmo, previsiblemente chegará pola tardiña do mércores 19 ao recinto feiral, e regresará as súas graxas o propio xoves 20, unha vez rematada a evalución dos aspirantes, que se realizarán en xornada de mañá (previsiblemente vacas) e de tarde (previsiblemente xatas), para, con posterioridade, visitar dúas granxas da provincia, unha delas SAT A Vereda.

Este tipo de formacións son a base para os futuros xuíces e xuízas da raza, pero tamén son de utilidade para todos os criadores de gando frisón, que aprenden a valorar e seleccionar os animais con criterios obxectivos, o que sen dúbida, unha vez aplicado nas súas explotacións, lles vai axudar a mellorar o seu rabaño.

As granxas lucenses que colaboran con esta actividade son: SAT A Vereda, SAT Rei de Miñotelo, SAT Teixeiro e SC Casa Pozo.

A XL Escola Nacional de Xuíces Gandeiros inaugurarase o mércores 19 de xullo en Santiago de Compostela e clausurase o venres 21, pola tarde, en Pontevedra.

No ano 2005, o recinto feiral Manuel Vila xa acollera unha xornada da Escola de Xuíces desa edición.