Skip to main content
Cospeito

A Coral Virxe do Monte ofrece este sábado un concerto polo seu 25 aniversario

Por 15 Xuño, 2023Sin comentarios

A Coral Polifónica Municipal Virxe do Monte de Cospeito celebra este sábado, 17 de xuño, un concerto na casa da cultura local para festexar o 25 aniversario da formación.

O concerto dará comezo ás 21.00 horas e participarán no mesmo, ademais da coral homenaxeada, a Polifónica de Taboada, a Banda Municipal de Guntín e a Batband.

A sesión está organizada pola coral de Virxe do Monte e o Concello de Cospeito.