Skip to main content
Cospeito

Muimenta e A Feira do Monte acollen un obradoiro de alimentación

Por 22 Xuño, 2023Sin comentarios

O Concello de Cospeito organiza un taller de alimentación consciente e Autocoidado para persoas maiores co obxectivo de adquirir coñecementos para promover unha alimentación equilibrada e axeitada ás necesidades de cada persoa e idade para promocionar hábitos de vida saludable entre as persoas maiores e o seu autocoidado.

Está dirixido especialmente a persoas maiores do concello e aberto a todas as idades.

Este terá lugar en dúas sesións, o luns 26 de xuño na casa de cultura de Muimenta e o mércores 28 de xuño na casa de cultura da Feira do Monte.

O horario será de 17:00 a 18:30 horas (45 minutos de charla e a continuación debate e preguntas).

Estará impartido pola nutricionista Tamara Rivas de Muimenta. As persoas que desexen apuntarse deben facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello de Cospeito, vía teléfono no 982 52 00 01 ou no correo electrónico: servisociais@concellodecospeito.es.

O lema deste curso é que “ter uns bos hábitos alimentarios mellora a nosa saúde e axuda a previr enfermidades”.