Skip to main content
Cospeito

A veciñanza convoca unha xornada de limpeza do río Miño en Muimenta

Por 23 Xuño, 2023Sin comentarios

A Sociedade Deportiva Cultural Amigos do Miño, da Ponte de Outeiro, a Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño e Pozo Mouro realizarán este domingo, 25 de xuño, a limpeza do leito do río Miño na praia fluvial Ribas de Miño de Muimenta.

As xornadas de limpeza do río Miño servirá para recoller restos sólidos (lixo) e deixar a zona preparada para o verán.

A veciñanza está convocada a esta sesión ás 10.00 horas.