Skip to main content
Cospeito

Armando Castosa foi elixido deputado provincial polo PP no partido xudicial de Vilalba

Por 22 Xuño, 2023Sin comentarios

Os concelleiros populares nos concellos do partido xudicial de Vilalba elixiron esta mañá a Armando Castosa, alcalde de Cospeito, como deputado provincial.

Nesta demarcación, o PP conseguiu 35 concelleiros nas eleccións celebradas o pasado 28 de maio, mentres que o PSOE acadou 22 e, o BNG, 8.

O Pleno de constitución da nova Corporación provincial saída das eleccións municipais do 28M xunto coa elección de presidente da institución e a súa toma de posesión celebrarase o venres 30 de xuño, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos da Deputación. Previamente, o próximo martes 27 de xuño, a partir das 13.30 horas, terán lugar as derradeiras reunións deste mandato da Xunta de Goberno, das comisións informativas de Asuntos do Pleno e de Economía, Recadación e Especial de Contas, e do propio Pleno da Corporación con sesións extraordinarias para aprobar as últimas actas de cada un destes órganos.