Skip to main content
Cospeito

O Cospeito caeu na final da Copa Deputación ante o Paradela

Por 26 Xuño, 2023Sin comentarios

Ao final non puido ser. O Cospeito caeu esta fin de semana no Sangoñedo na final da Copa Deputación ante o Paradela, que venceu 1-3 ao equipo chairego.

Esta foi a primeira vez que o Cospeito entraba na final desta competición pero tivo que conformarse co título de subcampión ante un Paradela que tamén facía historia.

O partido púxose de cara para o rival cando converteu un penalti xusto ao comezo do duelo. Logo sumou un segundo tanto antes da pausa. Na segunda metade o Cospeito acurtou distancias pero o Pradela no taradaría en volver marcar o terceiro e último gol deixando sen opcións ao Cospeito, que recolleu o título de subcampión de mans do alcalde cospeités, Armando Castosa.