Skip to main content
Cospeito

Muimenta acolle o venres unha representación de Falcatrueiros

Por 28 Xuño, 2023Sin comentarios

A casa da cultura de Muimenta acolle este venres, 30 de xuño, a representación teatral de Clown, a cargo de Falcatrueiros, de Monterroso.

Esta actuación está enmarcada dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo polo que a entrada será de balde.

A representación será ás 21.00 horas e ten unha hora de duración, na que o grupo de teatro manda os seus clowns á guerra e amosarán como se enfrontan a esta situación e ás trincheras, con moito humor e risa.