Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol publica os requisitos para facer as fogueiras de San Xoán

Por 14 Xuño, 2023Sin comentarios

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, fixo público un bando no que informa de que este ano estará regulada a asistencia as fogueiras de San Xoán na noite do 23 ao 24 de xuño.

No mesmo documento anuncia que están permitidas as fogueiras particulares para as que será necesaria comunicación previa no Rexistro xeral do Concello antes das 14.00 horas do 21 de xuño.

Así mesmo explica que deberán cumprirse unha serie de indicacións entre as que figuran que a responsabilidade do acto recaiga sobre a persoa propitaria do terreo e obriga a recoller e deixar completamente apagado unha vez que esta remate.

Non se queimarán aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que podan producir unha explosión. Tampouco se permite a queima de goma, plástico, derivados de hidrocarburos ou tendidos eléctricos.

Establecen unha separación mínima de 12 metros coa vexetación, casas ou edicficios cercanos, así como unha altura de 14 mettros e 6 de diámetro.

Deberase deixar apagado o foco antes de marcharse; en caso de vento non se poderá levar a cabo o prendido da mesma.