Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Usuarios do servizo de atención temperá reuniranse este venres en Friol

Por 27 Xuño, 2023Sin comentarios

O servizo de Atención Temperá de Friol, Begonte, Palas, Guntín, e Rábade celebrará este vernes a súa segunda xuntanza das familias nesta primeira localidade como festa de final de curso.

A xuntanza terá lugar concretamente na area recreativa do complexo fluvial, coa participación da maioría das familias usuarias do servizo.

Será unha tarde de xogos e merenda para que os máis novos, e as súas familias teñan tamén un momento para a conversa e o intercambio de experiencias.

A sesión terá lugar a partir das 18.00 horas e rematará ás 20.00 con xogos e merenda.