Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle este sábado as xornadas do rural Interitmos

Por 30 Xuño, 2023Sin comentarios

O paseo de Narla de Friol acollerá este sábado Interitmos, unha xornada musical adicada aos sons do rural, que se desenvolverá neste concello a partir das 18.30 horas.

Así, está prevista en primeiro lugar a actuación de Maghúa e Fixe Trío, gañadores de Interritmos Sons do Rural. Ademáis de estupenda música, haberá a conversa Son con sabor a tizón, entre Xosé Ambas e Olga Kirk.

Rematarán a sesión cunha degustación de produtos naturais.

A inscrición ten que facerse neste enlace. O evento está promovido polo GDR Salnés-Ulla-Umia, GDR Ribeira Sacra – Courel, Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, Asociación Deloa e GDR Comarca de Lugo.