Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz: O PSOE revalida in extremis

Por 7 Xuño, 2023Sin comentarios

Un erro no escrutinio arrebatoulle provisionalmente a maioría a Marisol Morandeira, pero as actas confirmaron unha nova vitoria esa mesma noite.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Mª Sol Morandeira Morandeira (PSOE)
◆ Paula Campo Barral (PSOE)
◆ Iván Morado Corral (PSOE)
◆ Carlos Plácido Buján López (PSOE)
◆ María del Pilar Vázquez Ares (PSOE)
◆ Ramón Rivas Villares (PSOE)
◆ Sofía Sánchez Miragaya (PSOE)
◆ José Manuel López Rodríguez (PP)
◆ Alexandre Losada Buide (PP)
◆ Mª Margarita Pereira López (PP)
◆ María Guadalupe Prado Tomé (PP)
◆ Mónica Roca Ares (BNG)
◆ Alfonso Losada Rodríguez (BNG)

Marisol Morandeira encadeará a segunda maioría absoluta consecutiva logo de vencer por unha pequena marxe tras un susto inicial no que por erro confundiuse o número de votos do PSOE e do BNG nunha mesa, o que significaba que a maioría desaparecía. Ao final, a revisión das actos, que confirmou días despois a Xunta Electoral, deixaron ao PSOE de Guitiriz de novo á fronte da Alcaldía.

Morandeira subiu unha vintena de votos con respecto ao 2019 e continuará a ter a mesma representación, 7 concelleiros.

Cae en número de votos o PP de José Manuel López Rodríguez, que perde un concelleiro pasando de 5 a 4 e tamén preto de 300 votos.

Mellora moito o BNG que nesta ocasión está liderado por Mónica Roca Ares, que malia a confusión inicial gaña un concelleiro, aínda que nun principio e polo erro se lle atribuíron 2 máis.

Os datos non ofrecen dúbida para o liderado de Morandeira que aumentou os votos.

O PSOE xa celebrou a vitoria na noite electoral malia que ata a revisión da Xunta Electoral os datos seguiron sendo favorables aos socialistas.

Para Morandeira, os eixes do seu proxecto baséanse en “seguir a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e continuar cos proxectos iniciados, como a ampliación do centro de día e do PAI ou a construción do centro de maiores”. Tamén aposta por seguir mellorando o turismo. “A reapertura do balneario, polos postos que vai crear vai axudar a poñer en valor o patrimonio cultural e natural que temos”. No eido dos deportes afirmou que “imos traballar para consolidar todas as iniciativas que se puxeron en marcha”.

“Como fixemos ata agora, a nosa política e a nosa forma de gobernar estará centrada no social, nas persoas, en facer melloras e investimentos para cambiar para ben o seu día a día”, dixo.