Skip to main content
Guitiriz

O San Xoán de Guitiriz dará comezo coa Festa da Xuventude

Por 21 Xuño, 2023Sin comentarios

O San Xoán de Guitiriz xa ten listo o seu programa de festas que este ano terán lugar entre o 23 e o 25 de xuño cunha programación que organiza a asociación Ecce Homo en colaboracíon co Concello, a Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle e o colectivo empresarial.

As festas iniciaranse polo tanto o día 23, xoves, coa celebración da II edición da Festa da Xuventude, que xa tiña anunciada a organización para a noite da fogueiras.

Os actos darán comezo cun pasarrúas de Sons da Aldea e a sardiñada gratuíta a partir das 21.00 horas para dar inicio ás 22.00 horas á festa que se celebra coa participación do grupo Assia con Elation e Celso Bayo & Iván Estévez, aka DJ Galvi.

O sábado 24, día grande da celebración, terá lugar o pasarrúas ás 10.30 horas co grupo Sons de Aldea, e os Mariachis Estampas de México.

Ao mediodía, sobre as 14.45 horas será a sesión vermú coa orquestra Compostela deixando para a noite a actuación do grupo La última legión, xunto á mesma orquestra da sesión vermú.

O domingo continuará a programación con máis pasarrúas a cargo novamente de Sons da Aldea e os mariachis para deixar a sesión vermú ao cargo de Trébol e a verbena co mesmo grupo máis Beatriz.

A animación nas rúas non faltará e estará a cargo dos locais Grupo Municipal de Gaitas de Guitiriz, Gurpo da UNED Sénior, Banda de Música do Concello de Guitiriz e as pandereteiras Na Casa Zoqueiro.

Como vén sendo habitual, a comunidade de montes de San Xoán de Lagostelle aporta os fondos para a celebración, en total 23.100 euros nesta ocasión, que supoñen a metade do orzamento. O Concello colabora tamén coa festa colocando unha pantalla electrónica para promociones no campo da festa. Súmase a súa aportación e a da veciñanza e empresarios da zona.